Tivemos hai uns días un regalo, un exemplar de calla, a planta non é que me entusiasmara moito pero hai que aproveitala así que a plantei no rincón máis soleado desa terra:
A wikipedia di que calla é unha planta con orixe no hemisferio norte nas zonas frías o qué é moi interesante pola orientación norte do frente da casa. Unha cousa intranquilizadora é o seu caracter venenoso, resulta que ten ácido oxálico, polo visto incluso hai quen a usa para reuma, resfríados e gripe (facendo unha especie de té coas raices secas).
A wikipedia fala de follas parecidas a un corazón, case redondeadas, e as da miña calla son alongadas, resultame moi raro sobre todo cando a referencia dí que só hai unha especie pero en fin haberá que facer caso á etiqueta da maceta do proveedor.Non me gustou nada unhas manchiñas que se ven nas follas. Sobre todo porque estou sensibilizado polo mildiu que estragou case todos os rosais que temos.
A parte triste do día foi precisamente facer unha "poda" salvaxe para ver se empezamos a eliminar ese maldito fungo. É o que ten ter descoidado o xardín durante case dous anos, volver a empezar ou peor ter que cortar todo para plantar de novo.
Google sempre axuda, polo visto debemos ter algo que chaman zantedeschia elliottiana e as manchas parecen normales. Nese enlace falan de varias especies, unhas de floración precoz e outras tardía (coma a miña, tocan entre marzo e outubro) e dan unha completa información sobre como coidas a planta. Resumo:
Todas as especies queren da luz pero non directa. Unha vez que a última flor cae as actividades deben ser as mínimas: rego o xusto para humedecer a terra, nada de abono. O fruto que hai dentro da flor chámase spadice, vólvese de cor verde e sea coa caída do fuste.
O rego é escaso, increméntase gradualmente ao chegar a floración ata ser abundante. Pode ser boa idea humedecer as follas con auga non calcárea (viva os deshumidificadores) sen mollar as flores.
É unha planta de rizomas, pódense trasplantar os rizomas a principios de febreiro (para as variedades tardías). De abril a outubro poden ser abonadas con preferencia de potasio e menor medida de fósforo, tamén microelementos.
As calas non se podan, pero no caso de follas secas pode ser interesante cortar para evitar infeccións. A planta se pode multiplicar por rizomas, excavar e extraer o bulbo, cortar, tratar con funxicidas basados en azufre, secanse un par de días e se meten baixo 10 cm en terra seca e quente (25º). Cando alcanzan 20 cm trasplantar.


No hay comentarios:
Publicar un comentario