martes, 17 de mayo de 2011

Calla

No día das Letras Galegas decidín voltar á xardinería xunto onde o deixara, na primeira isleta que bordea a casa. O obxectivo é sinxelo, recuperar o cesped e plantar algunhas flores que traían cores vivos.

Tivemos hai uns días un regalo, un exemplar de calla, a planta non é que me entusiasmara moito pero hai que aproveitala así que a plantei no rincón máis soleado desa terra:

A wikipedia di que calla é unha planta con orixe no hemisferio norte nas zonas frías o qué é moi interesante pola orientación norte do frente da casa. Unha cousa intranquilizadora é o seu caracter venenoso, resulta que ten ácido oxálico, polo visto incluso hai quen a usa para reuma, resfríados e gripe (facendo unha especie de té coas raices secas).

A wikipedia fala de follas parecidas a un corazón, case redondeadas, e as da miña calla son alongadas, resultame moi raro sobre todo cando a referencia dí que só hai unha especie pero en fin haberá que facer caso á etiqueta da maceta do proveedor.

Non me gustou nada unhas manchiñas que se ven nas follas. Sobre todo porque estou sensibilizado polo mildiu que estragou case todos os rosais que temos.


A parte triste do día foi precisamente facer unha "poda" salvaxe para ver se empezamos a eliminar ese maldito fungo. É o que ten ter descoidado o xardín durante case dous anos, volver a empezar ou peor ter que cortar todo para plantar de novo.

Google sempre axuda, polo visto debemos ter algo que chaman zantedeschia elliottiana e as manchas parecen normales. Nese enlace falan de varias especies, unhas de floración precoz e outras tardía (coma a miña, tocan entre marzo e outubro) e dan unha completa información sobre como coidas a planta. Resumo:

Todas as especies queren da luz pero non directa. Unha vez que a última flor cae as actividades deben ser as mínimas: rego o xusto para humedecer a terra, nada de abono. O fruto que hai dentro da flor chámase spadice, vólvese de cor verde e sea coa caída do fuste.

O rego é escaso, increméntase gradualmente ao chegar a floración ata ser abundante. Pode ser boa idea humedecer  as follas con auga non calcárea (viva os deshumidificadores) sen mollar as flores.

É unha planta de rizomas, pódense trasplantar os rizomas a principios de febreiro (para as variedades tardías). De abril a outubro poden ser abonadas con preferencia de potasio e menor medida de fósforo, tamén microelementos.

As calas non se podan, pero no caso de follas secas pode ser interesante cortar para evitar infeccións. A planta se pode multiplicar por rizomas, excavar e extraer o bulbo, cortar, tratar con funxicidas basados en azufre, secanse un par de días e se meten baixo 10 cm en terra seca e quente (25º). Cando alcanzan 20 cm trasplantar.